16.09.20.- Este venres remata a segunda campaña de escavación do colectivo Sputnik Labrego no Castro de Valencia do Sil. Este mércores, día 16, entregaron no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense todo o atopado tanto nesta campaña como na anterior. Para rematar a estadía na zona queren amosar a todos os veciños da comarca o que descubriron nestes 15 días de traballo. Para elo farán unha xornada de visita o sábado 19 de setembro ás 10 da mañá. As explicacións faranse en grupos de 10 persoas para seguir as medidas de seguridade da Covid-19.
28-10.19.- O programa de actividades do Concello do Barco para homenaxear os cincuenta anos do grupo de arqueólogos afeccionados coñecidos como os “ Os Escarvadores”, tivo o pasado sábado unha visita ao Castro de Valencia do Sil no noso concello. A actividade contou cuns 50 participantes que ascenderon ata o xacemento e puideron coñecer de primeira man a historia deste descubrimento e do traballo que está a facer agora o grupo especializado Sputnik Labrego.
24.10.19.- Os antigos poboadores da comarca de Valdeorras e a súa presenza no Castro da localidade de Valencia do Sil serán protagonistas esta fin de semana de dous actos. Por un lado unha visita co arqueólogo Santiago Ferrer e por outro o inicio das investigacións por parte do equipo de Sputnik Labrego.
09.08.19.- Este verán un grupo de voluntarios comandados polo arqueólogo, Santiago Ferrer volveron a rescatar do esquecemento un dos castros máis senlleiros da comarca de Valdeorras. Na localidade de Valencia do Sil existe un xacemento que se descubriu fai agora 50 anos polo grupo dos Escarbadores e medio século despois volve rexurdir para “tratar de poñelo en valor”, explica Santiago Ferrer.