novo

Juan Enrique Guntiñas Roo, novo Concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente

15.12.20.- Hoxe celebrouse sesión plenaria para a toma de posesión do novo concelleiro, Juan Enrique Guntiñas Roo. O falecemento o mes pasado de José Luís Álvarez provocou unha renovación na lista do Partido Socialista deste concello e no grupo de goberno. A partir de agora o novo edil será o encargado das labores relacionadas con Medio Ambiente e Medio Rural. O anterior responsable destes temas, Gonzalo Quinteiro Delgado pasa a ocuparse das funcións de Sanidade, Asistencia Social e Participación Cidadá.

Galego

Vilamartin ten 5 contaxiados por coronavirus ao aparecer onte un novo positivo

18.11.20.- O noso concello continúa con casos de coronavirus Covid-19 aparecendo onte un novo positivo que fai subir a 5 os afectados por esta enfermedade. Dende o pasado 22 de outubro que se acadaron os 14 casos foran descendendo ata deixar a este concello en 4 casos dende hai unha semana. Pero no día de onte notificouse dende as autoridades sanitarias que apareceu un novo caso.

Galego

Novo estado de alarma con restricións de mobilidade nocturna

26.10.20.- No Concello de Vilamartín vimos tendo casos de coronavirus Covid-19 dende hai unhas semanas e en toda Galicia hai limitación de reunión de máximo 5 persoas. Ante esta situación o goberno central decidiu decretar o estado de alarma que entrou en vigor na tarde do domingo, 25 de outubro, despois de ser publicado no Boletín Oficial do Estado. Este será o segundo estado de alarma dende o primeiro que se activou o pasado 14 de marzo para facer fronte á primeira ola do coronavirus Covid-19. Nesta ocasión búscase limitar o contacto social e a mobilidade nocturna.

Undefined

Varias rúas do concello cambiarán de nome ou terán un novo

Mapas das tres zonas onde cambiarán ou haberá novos nomes de rúas

08.10.20.- Na sesión plenaria do mes de setembro, un dos puntos da orde do día, foi a adxudicación de nomes a viais que non tiñan ata agora nomenclatura e tamén se propuxeron cambios para outras. As zonas nas que se fixeron as modificacións foron no núcleo urbano de Vilamartín, no pobo de Córgomo e tamén no de Valdegodos. Entre as novas denominacións está a homenaxe a un alcalde da vila fusilado no ano 1936: Augusto Sierra Rodríguez. Esta nova rúa estará na localidade de Valdegodos, un tramo da estrada que conecta esta localidade con Córgomo.

Undefined

A Deputación comunica que as obras do novo acceso a San Vicente non poderán empezar antes do 2021

10.10.19.- A Deputación de Ourense comunica nun escrito que as obras do novo acceso ao pobo de San Vicente non poderán empezar antes do primeiro trimestre do ano 2021. A explicación está na serie de trámites que están en marcha dende este ano e que non rematarán antes desa data. Entre eles están as expropiacións, notificacións, recursos e redacción de proxecto. Toda esta información foi aportada dende o organismo provincial ao grupo provincial socialista que pediu información sobre o estado das expropiacións para a construción do acceso a San Vicente.

Undefined

Novo teléfono de atención no Albergue de Peregrinos

31.05.19.- O Albergue Municipal de Peregrinos situado na área recreativa do Bañadoiro conta xa con novo número de teléfono para atender aos peregrinos. O teléfono ao que se pode chamar é o 679 846879. Ademais hai un número de teléfono para emerxencias e fora do horario de apertura que é o 689 997 443.

Fotos do exterior e interior do albergue municipal no Bañadoiro:

Undefined

Novo campo para xogar a petanca

29.04.19.- O Concello habilitou un novo espazo no Bañadoiro para poder xogar á petanca. A semana pasada inagurouse o campo cun primeiro encontro onde participaron xente de Vilamartín, O Barco e A Rúa. Agora está dispoñible para todo aquel que queira disfrutar do xogo da petanca e do entorno do Bañadoiro.

Undefined

Novo material deportivo para o Centro Santa Lucía

06.03.17.- A Concellería de Deportes, con Eva Arias como responsable, dotou de novo material deportivo ao Centro Santa Lucía. O novo equipamento son 25 balóns de pilates, estantes para gardalos, 30 esterillas e tamén o seu soporte. Todo este material pódese usar para todas as actividades que se realizan neste edificio, tanto para adultos como para os cativos nas épocas do Vilaverán e Vilanadal.

Galego

Vilamartín abre un novo paso peonil para conectarse con A Rúa

27.09.16.-  A brigada de obras de Vilamartín está construíndo un tramo de 500 metros de paso peonil para conectar a zona de San Miguel con A Rúa vella á beira da estrada N-536. Este camiño de terra permitirá ter unha zona de paso onde, ata o momento, non existe beirarrúa e que como explica o alcalde, Rique Barreiro “non había por onde pasar a pé,  so pola estrada,  e coa afluencia de peregrinos polo Camiño de Inverno que estamos tendo é perigoso”.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.