27.09.16.- A brigada de obras de Vilamartín está construíndo un tramo de 500 metros de paso peonil para conectar a zona de San Miguel con A Rúa vella á beira da estrada N-536. Este camiño de terra permitirá ter unha zona de paso onde, ata o momento, non existe beirarrúa e que como explica o alcalde, Rique Barreiro “non había por onde pasar a pé, so pola estrada, e coa afluencia de peregrinos polo Camiño de Inverno que estamos tendo é perigoso”.
Galego