tramo

O concello mellora un tramo do Camiño de Inverno no Bañadoiro

Galego

28.09.16.-Esta semana iniciáronse novos traballos para abrir dous viais de terra na zona doa área recreativa do Bañadoiro. O obxectivo é  mellorar o trazado do Camiño de Inverno ao seu paso por este concello.  Dende o consistorio teñen coñecemento do incremento de peregrinos que están usando esta ruta para chegar a Santiago. Con esta obra, que se acaba de iniciar, terán un camiño marcado e reservado para eles. O Concello de Vilamartín aproveitará as obras e tamén construirá un vial para o paseo con bicicletas pola zona. 

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.