Camiño

Vilamartín ocupa a vicepresidencia da recen creada Asociación de Concellos do Camiño de Santiago

Undefined

23.11.17.- O alcalde de Vilamartin, Rique Barreiro, foi elixido esta semana como vicepresidente da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago. O acto de constitución desta nova entidade celebrouse en Ponferrada o pasado día 20 e a el acudiron representantes de 14 dos 19 concellos que xa amosaron a súa intención de entrar nesta asociación. Non acudiron máis porque a algúns deles fáltalles levar a pleno a súa adhesión, entre eles A Rúa e Monforte.

Os ciclistas da Gaes Pilgrim Race pola ruta do Camiño de Inverno chegarán mañá ao Bañadoiro

Galego

20.07.17.- Mañá  venres, día 21, o Concello de Vilamartín acollerá a chegada da sétima etapa da proba deportiva en bicicleta de montaña, Gaes Pilgrim Race. Esta actividade partía o domingo, 16 de xullo, dende Madrid e durante esta semana percorreron unha gran parte dos  725 quilómetros por rutas marcadas seguindo Camiños de Peregrinación que repartiron en 8 etapas. A sexta etapa percorrerá parte do Camiño Francés e entrará en Galicia polo Camiño de Inverno.

Vilamartin participou activamente na III etapa do Camiño de Inverno dende o Bierzo

Galego

23.10.16.- A comarca de Valdeorras e o Concello de Vilamartín foron protagonistas este sábado, día 22,  da III etapa do Camiño de Inverno que organizou a Asociación del Camino de Invierno a Santiago por el Bierzo. A III etapa desta particular peregrinación, para promover esta ruta xacobea, realizouse entre a localidade de Puente de Domingo Flórez e Vilamartín.

Rematado o Camiño das Soutelas en Correxais con fondos europeos

Galego

18.10.16.- O camiño das Soutelas no pobo de Correxais está arranxado a través dunha subvención que conseguiu o Concello de Vilamartín.  A axuda de 43.033 € procedente dos fondos europeos Feader (Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento do Rural) estaba destinada á mellora de camiños de acceso a  explotacións agrarias. Neste caso as beneficiarias son dúas granxas de gando vacún e caprino da localidade de Correxais.

O concello mellora un tramo do Camiño de Inverno no Bañadoiro

Galego

28.09.16.-Esta semana iniciáronse novos traballos para abrir dous viais de terra na zona doa área recreativa do Bañadoiro. O obxectivo é  mellorar o trazado do Camiño de Inverno ao seu paso por este concello.  Dende o consistorio teñen coñecemento do incremento de peregrinos que están usando esta ruta para chegar a Santiago. Con esta obra, que se acaba de iniciar, terán un camiño marcado e reservado para eles. O Concello de Vilamartín aproveitará as obras e tamén construirá un vial para o paseo con bicicletas pola zona. 

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.