15.02.19.- O pleno de Vilamartín aprobou onte por unanimidade unha moción na que se pide a derogación da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia. Ademais solicitaron dotar de maiores recursos e persoal aos centros médicos e ao hospital comarcal. A sesión plenaria extraordinaria tamén fixo repaso aos traballos levados a cabo durante o 2018 en cada concellería. Todos os concelleiros tiveron palabras de agradecemento durante os seus repasos aos voluntarios que aportaron a súa colaboración en varios traballos do concello e en protección civil.
07.10.16.- O pasado 29 de setembro aprobouse en sesión plenaria a Conta Xeral do 2015 e esta semana foi publicada no boletín da provincia. A Conta foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno socialista e co do concelleiro da oposición, José Pinto . Unha vez pasado este trámite e os 15 días de exposición ao público será remitida ao Consello de Contas. Na mesma sesión tamén se aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar facturas de obras feitas do exercicio anterior, co anterior grupo de goberno do PP, despois de aprobada a Conta Xeral.