20-09-20.- O Concello de Vilamartín editou un bando lembrando a necesidade de manter as edificacións en bo estado de conservación. Indica que hai constancia da existencia de edificios en estado ruinoso no municipio polo tanto recordase a obriga de rehabilitalos ou derrubalos. Para calquera aclaración ou solicitude de permisos poden dirixirse á area de Urbanismo na casa consistorial.
O Concello editou un bando que está colocado en diferentes zonas lembrando as obrigacións dos propietarios dos cans e a necesidade de coidar deles e non deixalos soltos polas vilas. Indícase no texto que na ordenanza municipal reguladora hai marcadas multas que poden ir de leves a moi graves e que económicamente poden supoñer dende 30 a 15.000 euros.