25.08.16.-A Concellería de Sanidade de Vilamartín encargou unha analise microbiolóxica de 20 fontes de uso público no territorio deste concello para coñecer o seu estado. A analítica realizouse o pasado 8 de agosto e agora coñécense os resultados nos que se constata que en 11 delas a auga non é apta para o consumo e no resto non contan con suficientes garantías sanitarias. Esta analítica só ten un valor orientativo e só serve para dar unhas recomendacións xerais que os veciños consumidores desas augas deben valorar.
No estudo quíxose saber si existía contaminación microbiolóxica por tres tipos de elementos: Enterococos, E.Coli e Coliformes totais. Nas 11 fontes que se declaran non aptas para o consumo, os niveis destes tres elementos sobrepasaban en moito o permitido polos baremos sanitarios. Nas fontes nas que non se reúnen as suficientes garantías sanitarias atopáronse sobre todo contaminación por elementos Coliformes totais.
Dende o concello indican que van colocar unha serie de placas informativas para que os veciños saiban o estado das augas en cada punto analizado. De todas formas lembran que as augas foron recollidas para análise nun día en concreto, o pasado 8 de agosto, polo que en calquera outro momento, despois desta data, poden sufrir variacións. O Concelleiro de Sanidade, Pablo Deramond, lembra que unha fonte “sen un sistema de control sanitario nunca se poderá dar como apta para o consumo humano”. Dende a concellería lembran que hai máis fontes sen analizar e outras como a de Baxeles “nas que xa se encargou o pobo de facer a análise” e está dentro das de “sen garantías sanitarias”.Pablo Deramond pide aos veciños que ante calquera dúbida se poñan en contacto coa súa concellería.
Fontes de AUGA NON APTA PARA O CONSUMO HUMANO:
Arcos: Fonte da Praza coord. (UTM): 42º41`36”N; 7º03`11”O
Portela: Fonte fondo do lugar coord. (UTM): 42º43`00”N; 7º02`66”O
Portela: Fonte da estrada coord. (UTM): 42º43`21”N; 7º02`56”O
O Mazo: Fonte coord. (UTM): 42º42`44”N; 7º04`98”O
Cernego: Fonte Praza coord. (UTM): 42º44`11”N; 7º07`39”O
Vilamartín: Fonte Os Cregos coord. (UTM): 42º41`62”N; 7º06`19”O
Correxais: Fonte Praza entrada coord. (UTM): 42º39`91”N; 7º05`92”O
Correxais: Fonte no medio pobo coord. (UTM): 42º39`88”N; 7º05`95”O
Penouta: Fonte Cemiterio coord. (UTM): 42º40`70”N; 7º05`36”O
Arnado: Fonte Praza coord. (UTM): 42º40`77”N; 7º02`57”O
San Miguel: Fonte lavadeiro Arriba coord. (UTM): 42º40`65”N; 7º08`05”O
Fontes de AUGA SEN GARANTIAS SANITARIAS
Córgomo: Fonte Praza coord. (UTM): 42º42`62”N; 7º03`46”O
San Vicente: Fonte Barrio Abaixo coord. (UTM): 42º45`19”N; 7º05`95”O
San Vicente: Fonte Barrio Arriba coord. (UTM): Sen constatar
San Vicente: Fonte Barrio Arriba NC coord. (UTM): 42º45`29”N; 7º06`33”O
Vilamartín: Fonte Eirexa coord. (UTM): 42º41`55”N; 7º05`93”O
Vilamartín: Fonte A Penela coord. (UTM): 42º41`57”N; 7º06`15”O
San Miguel: Fonte entrada pobo coord. (UTM): 42º40`67”N; 7º07`83”O
Valencia do Sil: Fonte Lavad Antigo coord. (UTM): 42º40`22”N; 7º07`44”O
Valencia do Sil: Fonte Lavad Praza coord. (UTM): 42º40`20”N; 7º07`54”O