Vilamartin participou activamente na III etapa do Camiño de Inverno dende o Bierzo

23.10.16.- A comarca de Valdeorras e o Concello de Vilamartín foron protagonistas este sábado, día 22,  da III etapa do Camiño de Inverno que organizou a Asociación del Camino de Invierno a Santiago por el Bierzo. A III etapa desta particular peregrinación, para promover esta ruta xacobea, realizouse entre a localidade de Puente de Domingo Flórez e Vilamartín. Nela participaron unhas 110 persoas, entre elas o alcalde de Vilamartín, Rique Barreiro e a concelleira de Cultura, Amparo Rodríguez acompañados por varios veciños da nosa localidade. Todos eles camiñaron 23 quilómetros pasando polas localidades de Quereño, Sobradelo, Éntoma, O Barco e Vilamartín. Ao final da etapa celebrouse unha comida no Centro Cultural Santa Lucía e despois realizaron unha visita a algunhas “covas” do noso pobo.

O próximo 19 de novembro esta asociación berciana continuará a IV etapa dende Vilamartín para seguir promovendo esta ruta a Santiago. Un camiño que moitos peregrinos xa utilizan por ser máis fácil de realizar durante os meses de inverno, ademais de estar menos saturada de peregrinos.

                  

      

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.