18.11.2016.- O Concello de Vilamartín participará nos actos do Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres que este ano se farán en varias localidades da comarca baixo o título “Valdeorras en negro”. Haberá actividades que se levarán a cabo nos catro concellos colaboradores desta campaña: O Barco, A Rúa, Vilamartín e Petín e ademais cada un deles terá actos propios. O obxectivo é facer máis visible o problema do maltrato e crear conciencia do problema na sociedade valdeorresa.
A continuación tendes as datas e os actos que se levarán a cabo no Concello de Vilamartín:
25 de Novembro
12.00 h: Concentración de repulsa na Praza do Concello, con lectura dun manifesto en conmemoración do Día Internacional para a erradicación da violencia de xénero contra as mulleres.
18.30 h: Charla Informativa a cargo do persoal do Centro de recuperación integral para vítimas de violencia de xénero. Lugar: Local Vía Nova (Vilamartín).
28 de Novembro
Xornada de portas abertas no Colexio Público Folla Respino en horario escolar, onde haberá unha exposición cos traballos que fixeron os alumnos e alumnas, para fomentar a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.
PROGRAMACIÓN CONXUNTA dos 4 concellos da Campaña “Valdeorras en negro”
Do 21 ao 27 de Novembro
Nos concellos de Vilamartín, A Rúa Petín, e O Barco, exhibiranse durante eses días no comercio, locais de restauración, administracións públicas, docentes e persoal sanitario, as camisetas de “Valdeorras en negro”, como manifestación de repulsa da violencia machista.
LEMBRAMOS QUE EXISTE UN NÚMERO DE TELÉFONO GRATUITO E QUE NON DEIXA PEGADA NA FACTURA DO TELÉFONO PARA PODER DENUNCIAR OS CASOS DE MALTRATO: 016