Os veciños de San Vicente e o alcalde paran as mobilizacións á espera do inicio do arranxo da estrada por parte da Deputación

15.03.18.- Esta mañá celebrouse unha reunión en Ourense co presidente da Deputación de Ourense,  onde se lograba un “compromiso por escrito” para mellorar a situación da estrada a San Vicente de Leira. Entre os acordos están a retirada da valla fixa e a colocación dunha móbil para o paso de vehículos de emerxencias. Ademais arranxarase a pista municipal para contar cun acceso ao pobo alternativo. Ante estes acordos o rexedor comunicou que a paralización das mobilizacións deixaríaa nas mans dos veciños.

Esta tarde convocouse a reunión na casa da escola e os habitantes decidiron “dar ese voto de confianza á Deputación para que comece as obras canto antes. Pararemos as mobilizacións e eu deixo o peche no Concello”, asegurou o rexedor, Rique Barreiro. El mesmo recoñeceu que co mal tempo non se poden empezar os traballos así que “mentres tanto aproveitarán este tempo para facer o proxecto para en 10-15 días comezar a traballar”.  Rique Barreiro lembrou que “se non se cumpre haberá que volver tomar medida,  pero quero pensar que si o farán, porque na reunión aprobouse todo e está posto nunha acta por escrito”.

     

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.