Aberto o prazo para apuntarse en actividades deportivas municipais

02.09.16.-A Concellería de Deportes de Vilamartín anuncia a apertura do prazo para apuntarse en varias actividades deportivas como o fútbol sala para nenos ou solicitar o uso das instalacións para a ximnasia,o pilates ou mesmo baile de salón . Os interesados teñen que acudir ao concello para poder apuntarse na correspondente solicitude.

 Fútbol sala para nenos

 Dende o día 1 ata o 20 de setembro está aberto o prazo para apuntarse a clases de fútbol sala para rapaces e rapazas a partir de 7 anos. Unha actividade que comezará o día 1 de Outubro. Os rapaces terás dúas horas semanais de clases repartidas en grupos de 7-8 anos a 9-10 anos e outro de 11 anos en adiante.

Solicitude de instalacións para actividades                           

Tamén está aberto ata o día 20 deste mes o prazo para solicitar as instalacións do concello destinadas a actividades deportivas: pilates, ximnasia de mantemento, bailes de salón. Neste caso indican dende Deportes que se dará prioridade ás actividades que antes entren no rexistro do Concello por orden de inscrición .

 Fútbol sala adultos

Os equipos de fútbol sala de maiores teñen que pasar tamén polo concello para facer a súa solicitude para reserva do pavillón. Terán prioridade os que primeiro fagan as reservas sempre e cando non coincidan cos horarios da actividade dos pequenos.

Grupos de máis de 10 persoas poden solicitar axuda para ter un monitor

A Concelleira de Deportes, Eva Arias, informa ademais da posibilidade de apoiar outras actividades deportivas dende o Concello sempre e cando exista un interese por un grupo de máis de 10 persoas. Neste caso estudarán como axudalos para ter un monitor desa actividade. A idea é poder facerse cargo de parte do gasto do mesmo e ceder de xeito gratuíto as instalacións municipais para que a actividade se leve a cabo. Os interesados teñen que presentar solicitude por escrito nas dependencias municipais e estudarase.

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.