Aberto o prazo para apuntarse nas actividades do Vilaverán

26.06.17.-O Concello de Vilamartín pon en marcha un ano máis o Vilaverán para os máis pequenos da casa. As actividades que se farán entre os meses de xullo e agosto teñen aberto o prazo de inscrición ata o día 7 de xullo. Os interesados teñen que achegarse ata o Concello e cubrir unha solicitude ademais de facer o ingreso da cuota de inscrición.

Este ano hai 40 prazas para estas actividades que empezarán en primeira quenda o próximo 10 de xullo e por un periodo de 15 días. Os grupos de 10 a 15 nenos cada un faranse en función das idades dos rapaces que se apunten. Este ano haberá un amplio programa de actividades entre as que se atopan xogos en inglés, taller de música, arte e creatividade, expresión corporal, rutas temáticas e waterpolo, entre outras. 

 

 

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.