Aberto o prazo para apuntarse na xornada de Orientación do día 4 de febreiro

28.01.17.-Vilamartín será o punto de referencia o día 4 de febreiro para aprender máis sobre o deporte de Orientación. O Club Peña Trevinca Barco, a través da súa sección de Orientación, organizará esta actividade cunha parte teórica e outra de práctica que se porán en marcha entre o Centro Santa Lucía e o pavillón de O Bañadoiro.

A xornada terá o seguinte horario e condicións de participación:

-Ás 10:30 da mañá realizarase no Centro Social Santa Lucía unha charla introdutoria ás carreiras de orientación, onde se explicará a temática das mesmas, como tamén o material necesario e o seu uso (mapa, compás, e outras). A inscrición a esta actividade teórica é completamente gratuíta.
-Ás 17:30 da tarde farase a parte práctica no pavillón de O Bañadoiro. Será unha actividade de orientación de modalidade “indoor” divida en dúas partes, unha con luz e outra sen ela.

O Club anuncia que entre a primeira e segunda carreira entregarán un pequeno detalle aos que mellor o fixeron o ano pasado.  Ademais explica que estas carreiras son puntuables para a liga que teñen en marcha dentro da comarca de Valdeorras. Os recorridos están preparados para todas as categorías e para todos os públicos.A participación na parte práctica é gratuíta para menores de 16 anos e socios do Club Peña Trevinca Barco, e cun custe de 3 euros para maiores de 16 anos.

O Concello de Vilamartín cede as súas instalacións para dar un maior impulso a este tipo de actividades e deportes tal e como explica a concelleira de Deportes, Eva Arias.

Os interesados en participar na actividade deberán apuntarse enviando un correo a:

ori.trevinca@yahoo.es

O horario límite de inscrición remata ás 22 horas do xoves 2 de febreiro. As horas de saída serán publicadas o venres 3, a partir das 21 horas.

Neste enlace poderedes ter máis información: https://drive.google.com/open?id=13kN381Tptz9QkGiwAKuzJoOjCqyss77GkAfe81H0NFM

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.