unha andaina solidaria cunha gran asistencia de participantes

21.05.17.-Máis de 300 persoas participaron nunha andaina solidaria por roteiros marcados no territorio do concello. A máis longa de 17 kilómetros subiu dende a zona do Bañadoiro ata o pobo de Correxais con magníficas vistas de toda a zona. A segunda andaina duns 3,4 kilómetros percorreu a zona do Bañadoiro á beira do río Sil.

Todos os participantes contribuiron co diñeiro da súa inscripción ao proxecto de Biopsia Líquida que está levando a cabo o equipo de Oncomet que lidera o experto vilamartinés, Rafael López

A continuación amosámoslle unhas fotos que resumen un día inolvidable cheo de solidaridade.... Moitas grazas a todos os participantes e a todos os que colaboraron nesta actividade que levamos a cabo o 14 de maio.

O alcalde de Vilamartín, Rique Barreiro, xunto ao Rafael López de Oncomet.

 

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.