O Concello de Vilamartín aproba 1,539.130 euros de orzamento para o ano 2017

30.03.17.-  Esta tarde o Concello de Vilamartín celebrou unha sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos para o ano 2017. A cantidade total ascende a pouco máis de millón e medio de euros, unha cifra similar a do ano pasado. O grupo de goberno socialista, presidido por Rique Barreiro, indicou que “estes orzamentos son o reflexo e o instrumento das liñas políticas do grupo de goberno no que a prudencia debe imperar e sobre todo ser realistas”. Recordaron que o seu obxectivo é que os cidadáns entendan que estes 1.539.130,  68 euros do 2017, perténcenlle. Aclarando que “este grupo simplemente xestiónao durante 4 anos. Estamos de paso. Mañá serán outros. Pero Vilamartín de Valdeorras seguirá sendo dos seus veciños”.   Os orzamentos foron aprobados por 5 concelleiros do grupo de goberno socialista. A esta sesión, unha vez máis, non asistiron os 2 representantes do PP e o concelleiro de Alternativa Veciñal, que escusou a súa ausencia por un viaxe.

Na súa intervención para explicalos, o rexedor lembrou que “cando entramos a gobernar, no mes de Xuño de 2015 empezamos a funcionar cos orzamentos prorrogados do ano 2014.  Tivemos que elaborar os orzamentos do 2015  pasado xa a metade do ano, cunha situación caótica, con todo o orzamento xa gastado e cunha débeda total de case 900.000 euros”.

Rique Barreiro destacou que “grazas a axustarnos o cinto  e coa colaboración de moitos voluntarios  logramos acabar o ano sen ter que cargar sobre os nosos veciños un crédito para pagar soldos e gasto corrente”. Recordou que os de 2016 foron austeros e de axustes e “pagamos boa parte da débeda e aínda temos pendentes outras”.

 

 

ORZAMENTOS 2017

Os orzamentos para este Concello  para 2017 ascenden a 1.539.130,64 Euros.

 

GASTOS

2017

2016

DIFERENCIA

 

INGRESOS

2017

2016

DIFERENCIA

       

 

       

Capit 1

354.690,38

356.380,35

-1.689,97

 

Capit 1

493.000,00

482.784,64

10.215,36

Capit 2

825.447,77

854.161,50

-28.713,73

 

Capit 2

35.000,00

70.000,00

--35.000,00

Capit 3

8.100,00

9.500,00

-1.400,00

 

Capit 3

289.800,00

262.750,00

27.050,00

Capit 4

29.777,23

20.800,00

8.977,23

 

Capit 4

620.853,18

629.227,21

-8.374,03

Capit 5

0,00

 

0,00

 

Capit 5

100,00

100,00

0,00

Capit 6

246.911,83

219.556,00

27.355,83

 

Capit 6

0,00

0,00

0,00

Capit 7

0,00

 

0,00

 

Capit 7

100.377,46

95.533,00

4.844,46

Capit 8

0,00

 

0,00

 

       

Capit 9

74.203.43

80.000,00

-5.796,57

 

       
       

 

       
 

1.539.130,64

1.540.394,85

-1.264,21

 

 

1.539.130,64

1.540.394,85

-1.264,21

 

Ingresos

No apartado de ingresos indicaron que son similares aos do 2016, aínda que no Capitulo 1 “aumentaremos a eficiencia no cobro”. Por exemplo, prometeron que no que queda de lexislatura  tentarán cobrar o IBI de todos aqueles veciños que por distintas razóns non o fixeron despois de moitos anos.  Se todos cumpren ao grupo de goberno, explicaron,  “gustaríalle poder baixar o IBI antes de acabar a lexislatura”.

No capitulo 2  previuse, nos orzamentos do 2016, unha importante cantidade polas obras da residencia Valdegodos, coa cal se realizou un convenio.  Contaron que este ano, a cantidade total baixa substancialmente, aínda que cren que a recadación por este concepto subirá  un pouco  en relación a anos anteriores ao 2016,  onde tiñan 30.000 euros previstos.

No capitulo 3  Taxas e outros ingresos, correspondentes a fondos que xera o concello e que ten a obrigación de recadar, especificaron que existe un lixeiro aumento por mellora  no cobro para este ano. En canto ao aumento na recadación na  taxa por abastecemento de auga, prodúcese porque o cobro á Residencia de anciáns situada en Valdegodos, é unha realidade e ademais veciños que estaban conectados á rede e non pagaban, agora xa o farán.

No Capitulo 4, Transferencias correntes,  fundamentalmente  o diñeiro que reciben do Estado, da Xunta e da Deputación, existen uns 8.374  euros menos comparado co 2016. Esta baixada está xustificada na perda da subvención de medio rural.

Por último, en relación aos ingresos, capitulo 7, transferencias de capital as previsións son similares ás do ano anterior. Desta, a cantidade máis avultada é a correspondente  aos plans provinciais: 55.000 Euros  que este ano van destinados á Rodeleira sumados  a 63.000 € de fondos propios. Completan este capítulo dúas subvencións que esperamos obter para terminar as obras en Córgomo. 

En total 1.539.130,38 €  de ingresos.

                                                                

Gastos

Neste apartado destacaron que é a viva imaxe da idea de “expresar por onde van os nosos pasos en política municipal”.  O alcalde, Rique Barreiro explicou que “se o ano pasado dedicamos 1 de cada 4 euros a pagar a débeda que nos deixaron, este ano o pago da débeda non chega  a ocupar  10%  do orzamento.  O que nos dá unha marxe maior de movemento”. A contención, o control do gasto, a administración eficiente dos recursos cos que  contan permite progresar na dirección axeitada.

O alcalde, Rique Barreiro, lembrou que van dedicar “a parte máis importante dos nosos esforzos para solucionar os grandes problemas que temos, o máis importante o relacionado coa rede de augas”.

A mellora das vías Públicas e o aumento do gasto social marcan tamén todo o  interese. Así como o apoio aos nenos no deporte  e a promoción de actividades culturais. Tamén indicaron que “investiremos moi pouco diñeiro público en festas, comidas ou merendas. Aínda que estamos abertos a colaborar”. O Camiño de Inverno coa mellora do Bañadoiro  e outra das apostas, así como  dar o valor que se merece a obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Dedicación Exclusiva do alcalde

No capitulo I de Gastos de persoal os salarios ascenden a 354.690,38 €. Constitúe o 23 % do total do orzamento. 

Como novidade e aprobado neste pleno, introdúcese o salario do Alcalde, Rique Barreiro “Quen lles fala, recibirá un soldo de 14 pagas de 1.600 euros  ao mes. Con dedicación exclusiva”.  O Concello tamén contará cun secretario interventor con praza en propiedade e unha praza fixa para unha auxiliar administrativa. Tamén está considerada, unha praza de auxiliar administrativo, por xubilación, que non sacaron antes e  que sairá a concurso público este ano.

           

Gastos que non se ven: as redes de sumidoiros e augas

O grupo de goberno quixo por de exemplo dúas obras nas que se invisten cantidades de diñeiro en traballos “que non se ven”. Barreiro contou que “os veciños de Córgomo deben saber que na obra de O Poulo, que se está finalizando, a nosa preocupación centrábase en solucionar un problema que existía baixo terra, onde as augas residuais das vivendas uníanse ás de regadío e ás pluviais e todas á súa vez, filtrábanse á terra  por múltiples roturas”.

O mesmo ocorrerá coa obra da Rodeleira, onde aos 55.000 euros, que corresponden ao concello e que veñen da Deputación engadiranlle 62.000 € de fondos propios. Só nesta obra gastaranse 117.000 €,  máis dun 7,8  %  do orzamento.

Axudas por nacemento no Concello

Nos presupostos contemplase unha axuda de 600€  por nacemento a familias que demostren o seu asentamento no municipio. Un plan que xa empezaron o ano pasado e que se concedeu a 5 familias no 2016.

Francisco Arias Baleiras novo xuíz de paz

Na orde do día tamén se contemplaba a elección do novo xuíz de paz. Como había dúas propostas aprobouse por votación que Francisco Arias Baleiras sexa o novo xuíz de paz e o seu substituto, José Rey Santos.

Ordenanza municipal de limpeza de soares e terreos

Na sesión plenaria tamén se procedeu a probación da Ordenanza Municipal de limpeza de terreos e soares e de protección contra os incendios forestais.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.