Cheo absoluto na obra de teatro do grupo Xaime Prada para recadar fondos para a Biopsia Líquida

24.04.17.- O salón do Centro Cultural Santa Lucía acolleu o sábado, día 22,  a representación teatral  “O consultorio médico” posto en escena polo grupo de teatro Xaime Prada. A obra recibiu o aplauso de máis de 150 persoas que encheron a sala para apoiar aos actores desta agrupación da vila e tamén para colaborar coa campaña de micromecenado da investigación sobre a Biopsia Líquida (nova proba para acelerar os diagnósticos de cancro). As entradas custaban 3€ e toda a recadación vai ser destinada á entidade Oncomet que leva acabo esta investigación.

      

Vilamartín entregado a axudar na investigación sobre a Biopsia Líquida

Esta é a terceira actividade que se organiza neste concello para recadar fondos para esta investigación médica relacionada coa busca de avances nos tratamentos de cancro. As mulleres rurais de Córgomo recadaron máis de 2.000 €, a actividade de Zumba Solidario do día 9 de abril aportou uns 1.000 € e agora esta actuación teatral que tamén vai recoller máis de 500 €. Todo este diñeiro únese aos 2.000 € que directamente aportou o Concello e a organización das próximas actividades que se van celebrar na vila para continuar recadando. A próxima o día 14 de maio, unha andaina solidaria.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.