14.07.17.- A partir deste domingo, 16 de xullo, os participantes da proba deportiva en bicicleta de montaña, Gaes Pilgrim Race, percorrerán 725 quilómetros de Camiños de Peregrinación repartidos en 8 etapas. A sexta etapa percorrerá parte do Camiño Francés e entrará en Galicia polo Camiño de Inverno. A data será o 21 de xullo, o próximo venres, e o trazado partirá de Astorga e parará en Vilamartín. Farán noite no noso Concello e ao día seguinte, 22 xullo, a sétima etapa sairá dende O Bañadoiro para chegar a Lalín.
A concelleira de Deportes, Eva Arias, participará nesta actividade ademais de organizar todos os preparativos para que o resto de participantes se sintan cómodos nas instalacións do Bañadoiro.
Na web www.pilgrimrace.es explican cal é o concepto desta proba:
Una prueba única de Mountain Bike.
Un camino único conectando 3 comunidades: Madrid, Castilla y León y Galicia…Una prueba que pone en valor una ruta “olvidada” y poco transitada, sin perder de vista el espíritu y naturaleza del Camino de Santiago…
Una ruta que fomenta el cicloturismo y que invita al público a un encuentro personal, disfrutar de la naturaleza y la belleza de sus paisajes…
Una prueba que va más allá del deporte, fomentando valores personales, como el esfuerzo, la auto-superación, el desarrollo personal…
“Pilgrim Race ® es aventura en estado puro”.
Na web tamén explican cal será o plan de actividade diario da proba:
· 07.00 a 08.00 Almorzo
· 08.00 a 08.30 Control de sinaturas e entrega de equipaxe
· 08.30 a 09.00 Preparación de bicicletas e auga para a etapa
· 09.00 Saída de corredores
· 14.00 a 17.00 Comida (só ata a cuarta etapa)
· 19.00 a 21.00 Cea
· 21.00 a 21.30 Briefing para etapa do día seguinte en castelán e inglés