A mini retroexcavadora permite facer máis traballos coa brigada municipal

29.12.16.- O Concello adquiriu hai uns meses unha pequena máquina retroexcavadora que está facilitando os traballos que se fan coa brigada municipal. As pequenas obras en rúas estreitas, as limpezas de camiños son algunhas das utilidades desta máquina. Dende o Concello buscan optimizar os poucos recursos e coa adquisición deste aparato “facilitase moito o traballo do albanel e fontaneiro nas pequenas reparacións que temos a diario” explica o rexedor, Rique Barreiro.

A mini retroexcavadora xa puido verse limpando camiños, en apertura de buratos e gabias para a reparación de tubaxes e tamén en obras como a construción da praza de Cernego.

Brazo desbrozador e na busca dun camión grúa

No afán de mellorar e incrementar a capacidade de traballo xa no mes de xuño se adquiriu un brazo desbrozador para o tractor. Con esta nova ferramenta púidose limpar camiños e fincas con máis facilidade.

Agora no remate do ano o grupo de goberno socialista está buscando un camión con grúa e caixa basculante para continuar coas melloras nos traballos.

           

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.