06.03.17.- A Concellería de Deportes, con Eva Arias como responsable, dotou de novo material deportivo ao Centro Santa Lucía. O novo equipamento son 25 balóns de pilates, estantes para gardalos, 30 esterillas e tamén o seu soporte. Todo este material pódese usar para todas as actividades que se realizan neste edificio, tanto para adultos como para os cativos nas épocas do Vilaverán e Vilanadal.
As actividades beneficiadas deste novo material son as clases de pilates, zumba, pilates orientado a zumba e tamén para as clases de baile de salón. Todos eles poden utilizalas para os diferentes exercicios que se realizan e nas novas actividades que vaian xurdindo.