Obras de accesibilidade de beirarrúas e limpeza de cunetas

23.01.17.-O Concello de Vilamartín está levando a cabo varias obras de mellora da accesibilidade en beirarrúas do pobo de Córgomo e tamén na Rúa Quellón en Vilamartín. Están rebaixando alturas e construíndo ramplas no final das beirarrúas para facilitar o paso a persoas con todo tipo de necesidades. A obra estaa facendo unha empresa da comarca con fondos do Concello.

 

    

Limpeza e acondicionamento en Valdegodos

As obras tamén están en marcha na estrada de Valdegodos onde se están a limpar as cunetas para evitar desbordamentos co mal tempo.  Nestes días tamén se procederá a limpar a zona do colexio e gardería. Neste último caso tamén se limparán e prepararán os terreos do arredor para que nos meses seguintes sexa máis fácil os traballos de limpeza.

Deste tema xa se rematou a limpeza na estrada de Cernego e o  Concello ten intención de facer estes traballos en todas as estradas do municipio.

Tamén  están pendentes de que a Deputación de Ourense pase presuposto para facer arranxo dos firmes  de todas as estradas e  ao mesmo tempo estase pedindo presuposto a empresas privadas. 

  

Limpeza de cunetas nas estradas de Valdegodos e Cernego

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.