Desfile de Entroido o sábado pola tarde no centro da vila

20.02.17.- Vilamartín vivirá o Entroido contando coa colaboración da Asociación de Coveiros, do Folión Os Viticultores e da Asociación de Mulleres Rurais Cima de Vila. O sábado, día 25, celebrarase un desfile polo pobo con saída dende a Rodeleira e rematando na zona de Cerdeirais.

O desfile comezará ás 17 horas na zona da Rodeleira e unha vez rematado todos os participantes terán unha festa con pinchos. Ese será o premio para todas as persoas que se acheguen á vila a gozar da festa de Entroido en comparsa. Para o fin de festa haberá un grupo de música que será a sorpresa ata ese día.

Dende o Concello fan un chamamento para que todos disfrutedes do Entroido.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.