O Concello prohibe o paso aos camións e vehículos pesados pola estrada de Cernego

25.05.17.- A estrada de Cernego leva sufrido numerosos desperfectos dos que se ten que feito cargo ata o de agora o Concello. Estes  problemas  no vial están provocados polo paso continuo de camións cargados con madeira cortada nos montes da zona. A pesar de que existe unha sinalización onde se indica que non poden transitar con cargas superiores a 5,5 toneladas por eixe non se está a facer caso por parte das empresas madeireiras. Hai coñecemento do paso de camións con cargas superiores a primeiras horas da mañá.

Este incumprimento de peso está ocasionando roturas no firme da estrada e dende a alcaldía denuncian que as empresas non están a colaborar co entidade municipal para arranxar estas fochancas. Rique Barreiro explica que as “empresas non veñen ao Concello a deixar o aval correspondente para facerse cargo dos danos que  se poidan ocasionar e polo tanto non podemos permitir que sigan rompendo a estrada”. Ante esta situación nesta semana o concello volveu reparar a estrada e colocou un aviso no que se prohibe o paso de camións e vehículo pesados. 

  

O concello colocou un aviso de prohibido circular por esta estrada a vehículos pesados esta mesma semana

 

Arranxo da estrada de Córgomo a o Mazo

 

Os traballos de reparación de estradas tamén se estenderon esta semana a vila de Córgomo . O vial dende esta localidade a O Mazo sufriu moitos danos durante a treboada do día 10  de maio. 

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.