Rematada a nova praza de Cernego

31.01.17.-No verán do ano pasado a brigada de obras do Concello de Vilamartín comezou este proxecto para que os veciños tiveran unha praza ampla onde antes case non había espazo. A primeira parte do traballo consistiu no derrube de casas que estaban en mal estado de conservación.  A seguinte fase comezou nos últimos meses do 2016 e consistiu na construción da praza con laxas de pedra que se reutilizaron dos muros lindeiros dos inmobles derrubados. Esta obra puido facerse grazas á colaboración veciñal para o derrube de varias casas. Algúns materiais en bo estado destas casas, tales como vigas de madeira, foron reutilizados tamén noutros lugares como a restauración do vello edificio da Cruz Vermella.

     

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.