A renovación da rede de saneamento e abastecemento son unha prioridade para o equipo de goberno socialista

26.12.16.- “Temos roturas constantes por tubaxes (tuberías) en mal estado”, explica o alcalde Rique Barreiro,  e esta é a frase que resume un dos traballos máis complicados deste ano. As canalizacións soterradas de augas son  un dos principais problemas no que se está centrando o equipo de goberno socialista. “As tubaxes están vellas, hai anos que terían que ser cambiadas, pero como é un traballo que non se ve, só sae á luz cando hai avarías”. O cambio de colectores xerais, tubaxes fecais nas que tamén están metidas as pluviais, e as de auga de consumo humano, convértense así nunha prioridade para a que hai que ter partidas orzamentarias ou buscar subvencións. Unha tarefa que é prioritaria para os gobernantes de Vilamartín. “A intención é ir facendo estes traballos nas rúas principais dos pobos ao non ser que haxa emerxencias” conta o rexedor.

Os traballos en Córgomo: un exemplo de obra completa

No mes de novembro empezaron as obras nesta localidade co obxectivo de renovar todo o sistema de canalización de augas. “Tiñabamos un problema grave xa que as augas de choiva ían mesturadas coas fecais e cando chovía moito entraba nas casas”, explica o rexedor Rique Barreiro. Con esta obra levantaron toda a rede de pluviais, fecais, de regadío e a de consumo de auga humano. Uns traballos que contan cunha subvención da Deputación de Ourense de 52.500 € e o Concello aporta 20.000 €, ademais o consistorio colaborou buscando empresas da zona para o concurso público, que finalmente gañou Construcciones Afreijo,  “así xerase emprego na zona” tal e como explica Barreiro. Estes traballos xa se empezaran hai 5 anos con plans provinciais. Agora estanse renovando as canalizacións e “cada unha nunha tubaxe distinta para evitar problemas” relata o rexedor. Despois de rematar esta parte do traballo quedará por arranxar a estrada e facer beirarrúas ao mesmo nivel. Uns traballos que se farán en canto o permita o tempo.

    

A Rodeleira, outra prioridade

Na sesión plenaria de finais de setembro, un veciño da Rodeleira pedía unha solución para o seu lugar de residencia en canto ao asfaltado da rúa principal. O rexedor explicáballe que antes de chegar a ese tema había outro máis grave: “as augas de choiva e as fecais van xuntas e están xerando problemas, eses traballos de levantar e cambiar toda a rede son moi custosos e imos tentar incluílos nos orzamentos do ano que vén”. Na elaboración dos presupostos do 2017 esta obra será tamén unha prioridade. 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.