Reparacións na estrada de Córgomo a Portela

16.03.17.- A brigada municipal de Vilamartín procedeu esta mañá a comezar o arranxo das fochancas da estrada que une Córgomo e Portela. Empezaron dende a zona do cruce co acceso ás Gralleiras en dirección ao cemiterio. Este é un dos traballos de reparación das estradas do municipio que están levando a cabo nos últimos meses. Xa se fixeron arranxos nas vías de Cernego e Valdegodos e agora continúan nesta de Córgomo. O rexedor, Rique Barreiro, indicou que son traballos que o propio Concello asume para tentar manter nas mellores condicións posibles os viales.

Outras obras en Córgomo

Estas obras coinciden coa continuación doutras que se están a realizar en Córgomo e que se atopan na rúa de saída do pobo, preto do cruce coas Gralleiras. Os traballos para renovar a rede de saneamento e abastecemento nesta poboación empezaron a finais do ano pasado. O cambio de colectores xerais, separación das tubaxes fecais e pluviais, e as de auga de consumo humano convertéronse nunha prioridade para mellorar a calidade de vida nesta localidade.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.