A Ruta das Covas de Vilamartín cumpre 20 anos este sábado

04.08.16.-A Ruta das Covas de Vilamartín celebrará este fin de semana os seus 20 anos de vida coa apertura de 49 covas. A festa adiantarase a mañá venres, día 5,  para os coveiros e amigos coa celebración da coñecida “Pequena”, unha pequena ruta por algunhas covas, para permitirlle aos coveiros, pasar tamén unha tarde de festa. Empezarán a partir das 18 horas coa IV Guerra das Fontes e a continuación o pregón a cargo do médico, Rafael López López.

O sábado, día 6,  será o día grande e a partir das 20:30 comezará a  Ruta das Covas, con milleiros de persoas que acuden ao evento dende diversas localidades de toda España. Por doce euros os visitantes terán unha cunca de barro, un pano, e a degustación de viño en cada cova acompañado por pinchos típicos como empanada, queixo, bica.  A partir das 12 da noite  a festa continuará co Grupo Alvein.

A Asociación de Coveiros de Vilamartín organiza novamente a festa na que se contará cun servizo de autobuses dende O Barco e A Rúa.

            

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.