A Feira Inxertarte nace como complemento á Ruta das Covas

03.08.16.-A concelleira de Cultura, Amparo Rodríguez Ferrer e o voluntario de biblioteca, Amancio Delgado, presentaron hoxe a primeira edición da Feira Inxertarte. A feira celebrarase o sábado, día 6 de agosto a partir das 11 da mañá na rúa Miguel de Cervantes e nela estarán 23 expositores de varios produtos relacionados co mundo do viño e do rural. A base será a posta en valor dos enxertos como base da existencia da viña e o viño, e despois haberá tamén á venda e en exposición outros produtos feitos con pedra, madeira, ferro e tecido. O viño contará con 4 stands nos que adegas do concello:  D´Berna, Ruchel e Viñaredo, acompañadas pola ruesa Alán de Val porán os seus viños á venda.  Nesta primeira edición da mostra o obxectivo é repasar os coñecementos básicos do cultivo da vide e as artes que acompañan na elaboración e garda do mesmo.

A concelleira de Cultura, Amparo Rodríguez, explicou que puxeron en marcha esta iniciativa como un xeito de “aproveitar o filón da ruta das covas e do numeroso público que se concentra no noso pobo ese día” para darlle máis actividades para gozar da vila. Ademais da mostra, que estará aberta todo o día, seis establecementos hostaleiros: Marbella, Acuarela, A Lastra, Santos, Rodeleira e A Calzada, ofrecerán menús con pratos típicos da comarca como as empanadas, carnes e as sobremesas típicas como a torta de roxóns.

O concello editou un tríptico sobre a feira  así como outro onde se ofrecen datos do mundo da enxerta.  Todos  estarán dispoñibles nos stands da mostra este sábado. 

            

              

 

 

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.