Vilamartín abre un novo paso peonil para conectarse con A Rúa

27.09.16.-  A brigada de obras de Vilamartín está construíndo un tramo de 500 metros de paso peonil para conectar a zona de San Miguel con A Rúa vella á beira da estrada N-536. Este camiño de terra permitirá ter unha zona de paso onde, ata o momento, non existe beirarrúa e que como explica o alcalde, Rique Barreiro “non había por onde pasar a pé,  so pola estrada,  e coa afluencia de peregrinos polo Camiño de Inverno que estamos tendo é perigoso”. O concello está asumindo estes traballos dende a zona da Ponte de San Miguel ata onde comeza o tramo de estrada que pertence á Xunta de Galicia na entrada de A Rúa. O novo camiño transcorre entre a estrada e a vía do tren polo que, para dar protección aos viandantes, estanse colocando elementos de protección.

O alcalde, Rique Barreiro, explica as xestións que xa se fixeron para ese tema dende hai uns anos  “ao noso concello solo nos corresponde ata o quilómetro 59, que son uns 500 metros,  o resto pertence  ao territorio de A Rúa e xa dende a nosa primeira lexislatura estivemos intentando iniciar trámites”. Insiste en que está en contacto coa alcaldesa da Rúa para darlle continuidade a esta obra.

           

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.