Os ciclistas da Gaes Pilgrim Race pola ruta do Camiño de Inverno chegarán mañá ao Bañadoiro

20.07.17.- Mañá  venres, día 21, o Concello de Vilamartín acollerá a chegada da sétima etapa da proba deportiva en bicicleta de montaña, Gaes Pilgrim Race. Esta actividade partía o domingo, 16 de xullo, dende Madrid e durante esta semana percorreron unha gran parte dos  725 quilómetros por rutas marcadas seguindo Camiños de Peregrinación que repartiron en 8 etapas. A sexta etapa percorrerá parte do Camiño Francés e entrará en Galicia polo Camiño de Inverno.  A ruta partirá de  Astorga e parará no noso concello. Farán noite na área recreativa do Bañadoiro e dende alí sairá o sábado, a sétima etapa  para chegar a Lalín.

A concelleira de Deportes, Eva Arias, participa nesta actividade ademais de organizar todos os preparativos para que o resto de participantes se sintan cómodos nas instalacións do Bañadoiro. O Concello cede o Campo de Fútbol para a acampada e o pavillón de deportes para instalar todos os servizos da organización, entre eles,  un sistema de cociñas para preparar as comidas. Entre as actividades previstas para agasallar aos participantes desta proba haberá unha actuación do Folión Os viticultores, ademais dunha queimada con conxuro. Dende o Concello de Vilamartín animan a todos os veciños da vila e da comarca a ver a chegada dos ciclistas á zona do Bañadoiro na tarde do venres. Consideran que é un xeito de apoiar o Camiño de Inverno e darlle visibilidade fora da comarca.

 

Famosos participando na Pilgrim Race

 Entre os participantes tamén hai personaxes coñecidos como o cantante, David Bustamante; o presentador do programa de televisión Ahora Caigo, Arturo Valls; os cómicos e presentadores de televisión, Florentino Fernández e Dani Martínez.

  

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.