Mellora da seguridade na ruta da IV Festa Coveira de Arcos

03.07.17.-  Este fin de semana a localidade de Arcos celebrará a súa IV edición da Festa Coveira. A data é o sábado 8 de xullo a partir das 19:30 horas con entradas a 10 euros persoa anticipadamente e a 12 euros o día do evento. Están a venda un total de 1000 entradas para visitar as covas desta localidade nunha festa organizada polos Coveiros de Arcos.

A semana pasada a brigada de obras do Concello colaborou con esta entidade,  colocando unhas vallas de madeira nunha das zonas de inicio da ruta para evitar a caída por un terraplén. Así mellorase a seguridade do lugar do evento.

 

   

Verán de festas coveiras

Esta será a primeira cita coveira no noso concello, a segunda xa está en marcha para o día 5 de agosto,  coa elección do cartel da XXI Ruta de Covas de Vilamartín. Un evento que organiza a Asociación de Coveiros desta localidade.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.