17.06.16.- Os meses de vacacións dos máis pequenos da casa van estar cheos de actividades en Vilamartín como a natación, os talleres de cociña, as excursións, o teatro, etc. Para poder participar en todas elas está aberto o prazo de inscrición no concello de 10 a 13 horas. Na casa consistorial terán que encher unha solicitude cos datos e pagar unha cota. Este ano os nenos de familias empadroadas pagarán 40 €/neno e os que non o estean 80 €/neno. Haberá un desconto do 30% para o segundo fillo que queira apuntarse nestas actividades tanto para empadroados como para os que non o están.
As actividades lúdicas e deportivas realizaranse nos meses de xullo e agosto en horario de 10 a 14 horas e poderán participar rapaces a partir dos 4 anos.