19.08.17.- Hoxe ás 20:30 horas celebrarase dentro da segunda edición do Festival Silfest no Barco a primeira competición poética “I Poetry Slam Silfest”. Nela o poeta de Córgomo, Florencio Delgado Gurriarán, terá unha presenza especial segundo nos indican dende a organización do Silfest. Xa adiantan que se repartirán unhas chapas co seu retrato como parte desa homenaxe ao poeta valdeorrés. O Concello de Vilamartín colabora co festival para apoiar esta competición poética e lembrar a figura de Florencio Delgado.
O poetry slam será unha competición poética na que o autor recita en directo e o público é o xurado. Cada participante ten tres minutos para declamar e o tema e idioma é libre. Este tipo de competición poética ten un forte movemento en diferentes partes do mundo.
Máis información na web do festival: