19.08.16.- O río Sil e a zona de O Bañadoiro en Vilamartín serán mañá protagonistas da segunda edición Travesía a Nado de Valdeorras. Unha proba que forma parte do XIII Circuito Galego de Augas Abertas.
Celebraranse tres carreiras, unha primeira popular pola mañá realizable por todos os niveis e todas as idades en augas do río Sil no Barco. As dúas probas máis longas e xa para expertos serán en Vilamartín con distancias de 2525 e 5050 metros.
A proba empezará o sábado, día 20, ás 17 horas con saída desde a zona do Bañadoiro en Vilamartín. Os participantes no percorrido de 2526 metros nadarán en dirección á pasarela de Penouta e darán a volta para volver á zona de saída. Os da proba máis longa realizarán o percorrido dúas veces.
O Concello de Vilamartín estivo estes días acondicionando a zona de saída con movemento de terras e estabilización da beira do río desde a que se realizará a saída.
Nestes enlaces hai máis información destas probas:
http://buceo9.wixsite.com/valdeorras/recorrido