A EDAR de Arcos terá que ter máis capacidade para atender a toda a poboación da zona

21.10.19.- A construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Arcos vai dar máis traballo do esperado xa que haberá que ampliar a súa capacidade para poder dar servizo a todos os veciños. Na redacción da memoria inicial contemplábase facer unha EDAR duns 300.000 euros para recoller as augas residuais de Arcos, Córgomo e Valdegodos pero os técnicos están estudando de novo o proxecto porque non vai ser suficiente co espazo previsto.

O proxecto que están facendo sufriu un cambio a semana pasada cando a empresa adxudicataria por parte da Confederación Hidrográfica visitou a zona. Os técnicos comprobaron que o tamaño da EDAR non é suficiente xa que as augas residuais que terá que tratar non son só as dos veciños destas poboacións senón tamén as das empresas da zona (adegas, serradoiros, establecementos hostaleiros). O rexedor, Rique Barreiro, indica que o proxecto podería chegar ao medio millón de euros e que habería que refacer a memoria que había feita coa que agora están facendo o proxecto.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.