Aberto o prazo para solicitar o uso do pavillón polideportivo

03.09.18.-  Dende a Concellería de Deportes anuncian que se abre o prazo para solicitar os horarios de uso de entrenamentos no Pavillón Polideportivo Municipal na tempada 2018-2019. Os equipos interesados deben dirixirse ao Concello para recher unha folla de solicitude na que deben incluir os seguintes datos:

-Nome do equipo

-Datos de contacto da persoa encargada do equipo (teléfono, email)

-Días da semana e horas para as que solicitan

 

O prazo para apuntarse remata o día 20 de setembro e antes de que remate o mes, persoal da Concellería de Deportes porase en contacto cos solicitantes para indicarlles os seus horarios.

 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.