10.11.18.- O Concello de Vilamartín será protagonista e colaborador dunha actividade deportiva que se está a realizar por catro puntos da xeografía española. Trátase da Carreira das Cidades, contra o cancro de Páncreas. A data desta carreira é o próximo 25 de novembro e está promovida por ACANPAN (Asociación de Cancro de Páncreas) e AESPANC (Asociación Española de Pancreatoloxía) e organizada por unha iniciativa particular coa colaboración da Delegación de Valdeorresa de Atletismo e o Club Peña Trevinca. O Concellos de Vilamartín, O Barco e Rubiá tamén forman parte do proxecto como colaboradores.
Un caso de cancro de páncreas levou a varias veciñas de Vilamartín: Belén Gómez, Patricia González e Eva Iglesias, a organizar esta I Carreira contra o Cancro de Páncreas na súa localidade. Esta proba forma parte dun proxecto maior co que tamén se farán estas carreiras solidarias en Madrid, Alacante e Tarrassa. O obxectivo e recadar fondos para a investigación contra este tipo de cancro.
Andaina e carreira
A proba contará con dúas modalidades de participación, carreira e andaina, para recorrer 11 kilómetros de trazado que empezará na localidade de Valdegodos e pasará entre outros por Arcos, A Portela, Córgomo e O Mazo. A participación é baixo inscrición online ou en varios puntos da comarca que a continuación indicamos:
- Online na páxina de https://www.carreirasgalegas.com/
- Presencial nos seguintes establecementos:
Vilamartín de Valdeorras: Estanco e Fimar Consultores
O Barco de Valdeorras: Bicis Chapi, Garoba e Trisport
A Rúa: Comercial Álvaro Blanco e Trisport
Rubiá: Librería Teresita
Cova (A Pobra de Trives): Café Bar os Pinos – Casa Agenor
O importe da inscrición, 10 euros adultos e 5 euros para infantil, será doado integramente á investigación en Cancro de Páncreas. O prazo de inscribirse remata o 22 de novembro ás 21 horas.
Máis información sobre esta proba e inscricións en www.carreracancerpancreas.es
RESUME DOS DATOS PRINCIPAIS
- Data e hora: Domingo 25 de novembro a partir das 10:30 h ca Andaina e das 11:30 h ca Carreira.
- Lugar de saída: Colexio Público, Manuel Folla Respino en Valdegodos
- Lugares de inscrición de participantes: En varios puntos da comarca e online en www.carreirasgalegas.com
- Prezos : 10 € adultos e 5€ infantil
- Máis información: www.carreracancerpancreas.es