Convocadas as axudas da Xunta para aluguer de vivenda

13.09.19.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten o prazo aberto para a solicitude de axudas ao aluguer do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. O prazo pecharase o día 11 de outubro e a continuación teñen onde obter máis información e os trámites a realizar.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190911/AnuncioG0532-060819-0003_es.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI432A

PROCESO DE SOLICITUDE

É obrigatorio que no proceso de achega de documentación se inclúan como arquivos adxuntos os que se cita a continuación. En caso contrario a solicitude quedará automaticamente inadmitida (artigo 15.2 da Orde do 2 de agosto de 2019):

-Contrato de alugamento de vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da referencia catastral

-Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia (expedido nos 3 meses anteriores)

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO do 12/09/2019 - 11/10/2019

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Orificial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Documentación para a presentación

A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

(https://sede.xunta.gal) e na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.