Novo estado de alarma con restricións de mobilidade nocturna

26.10.20.- No Concello de Vilamartín vimos tendo casos de coronavirus Covid-19 dende hai unhas semanas e en toda Galicia hai limitación de reunión de máximo 5 persoas. Ante esta situación o goberno central decidiu decretar o estado de alarma que entrou en vigor na tarde do domingo, 25 de outubro, despois de ser publicado no Boletín Oficial do Estado. Este será o segundo estado de alarma dende o primeiro que se activou o pasado 14 de marzo para facer fronte á primeira ola do coronavirus Covid-19. Nesta ocasión búscase limitar o contacto social e a mobilidade nocturna.
Este novo estado de alarma ten as seguintes características específicas para loitar contra virus nesta segunda ola. Estas son algunhas preguntas as que lle tentamos dar resposta para explicar esta nova situación.
- ¿En que se diferencia do estado de alarma anterior?
-Principalmente en que non haberá, de momento, confinamento domiciliario da poboación. Teremos limitación de mobilidade nocturna de xeito xenérico de 23 horas a 6 da mañá.
-¿Cando entrou en vigor?
Na tarde do domingo 25 de outubro coa publicación do Real Decreto 926/2020.
-¿Ata cando se prolongará este estado de alarma?
En principio ata o luns 9 de novembro. A idea inicial do goberno é prolongalo durante 6 meses ata o 9 de maio. Esta idea ten que ser aprobada esta semana no Congreso dos Deputados.
-¿Vai haber confinamento xeral da poboación?
Inicialmente non, pero as competencias tenas o presidente da Xunta de Galicia. Deste xeito si as cifras empeoran poderíase decretar o confinamento domiciliario.
-¿Que horario ten o toque de queda?
O goberno chamou a esta medida: “restrición de mobilidade nocturna”. O horario de aplicación será dende as 11 da noite ata as 6 da mañá. A Xunta de Galicia poderá modificar este horario base para amplialo ou reducilo.
-¿Hai excepcións ao toque de queda?
Si. As causas xustificadas para poder saír no horario de restrición serán:
• Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
• Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
• Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
• Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
• Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas destas actividades.
• Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
• Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
• Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
• Repostaxe en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización de as actividades previstas nos puntos anteriores.

-¿Podo sacar ao can ou saír a correr a partir das 23:00 horas?
En principio non, salvo que a Xunta de Galicia estableza como hora de inicio do toque de queda ás 00:00 horas.

-¿Poderemos movernos dentro da comunidade autónoma?
De momento si, salvo que a Xunta de Galicia decrete limitacións á libre circulación ou si se realizan confinamentos perimetrais: de barrio, cidade, distrito ou provincia.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.