Suspéndense todas as actividades deportivas e culturais no concello ante o aumento de casos da Covid-19

Número gratuito de información sobre a Covid-19

16.10.20.- En dous días temos casi triplicado o número de casos de enfermos pola Covid-19 no noso concello. O martes informabamos de 5 casos repartidos en dúas unidades familiares e hoxe temos que falar de 14 casos en tres unidades familiares. É dicir, nunha das familias aumentou a cantidade de persoas infectadas e ademais apareceu unha nova unidade familiar de 5 persoas enferma. Todos eles están xa confinados e con control médico.
Lembramos que dende o concello axudamos en todo o que precisen as familias para axudarlle a pasar este momento tan complicado.Poden chamar ao concello e tamén a protección civil para pedir o que precisen de axuda.Pedimos a todos os veciños aumentar as medidas de seguridade e limitar o seu contacto con outras persoas que non sexan convivintes. Temos que estremar a precaución para poder sair adiante desta pandemia.

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADE DEPORTIVA E LÚDICA nas instalacións municipais:
Ante o aumento de casos o concello suspende todas as actividades deportivas e lúdicas que se celebraban en instalacións municipais. Todos estes locais quedarán pechados ata nova orde. Solicitamos a máxima colaboración de todos os veciños e lembramos que non se poden facer reunións de máis de 10 persoas ademais de respetar as distancias de seguridade e o uso obrigatorio de máscara nos espazos públicos tanto de exterior como no interior.
Adxuntamos a orde na que se recollen as medidas que están vixentes na provincia de Ourense e en Galicia publicadas no Diario Oficial de Galicia:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201007/2449/Anun...

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.