O programa Xantar na Casa axudará a dez veciños en situación de dependencia

 

31.07.19.- O Concello de Vilamartín asinou neste fin de do mes de xullo un convenio ca Consellería de Política Social para formar parte do programa “ Xantar na casa”. Con este convenio poderase atender a persoas maiores en situación de dependencia. No caso de Vilamartín uns 10 veciños poderán ser atendidos, recibindo apoio nas súas casas ademais de axuda na súa alimentación diaria.

A asistente social do concello será quen se encargue de estudar as solicitudes dos interesados e adxudicar esas dez prazas. Neste novo servizo recibirán no seu domicilio a comida todos os días e tamén realizarase un seguimento por parte de profesionais que os visitarán nas súas casas. O alcalde, Rique Barreiro, considera moi necesario este novo servizo para a xente maior que vive no rural e que viven solas.

 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.