18.06.20.- Estes meses de verán serán un pouco diferentes para os máis pequenos da casa en Vilamartín xa que este ano non é posible poñer en marcha as actividades do campamento Vilaverán. As condicións xeradas a partir da COVID-19 levaron á Concellería de Cultura a ter que cancelar estas actividades. Tal e como explica a concelleira, Claudia Núñez, “despois de moito deliberar tomamos a decisión de cancelalo xa que non podemos cumprir coas medidas de seguridade que se esixen”.
31.08.19.- O fin do mes de agosto conleva tamén o remate das actividades do Vilaverán no noso concello. Durante dous meses máis de 100 rapaces, en diferentes quendas, puideron xogar e aprender cos técnicos e voluntarios do campamento estival. Ademáis tiveron experiencias inolvidables como o día coa protectora de gatos da zona, excursións a espazos do noso concello, aprenderon a construir caixas de reciclaxe e ata axudaron a decorar as rúas e mantelas limpas.
10.07.19.- Un ano máis comezaron as actividades de Vilaverán no mes de xullo. Nesta primeira quincena están participando nas actividades un total de 18 nenos/as de entre 4 a 12 anos. Están atendidos por 2 monitores e 3 voluntarios que durante toda a semana organizan actividades diferentes adaptadas ás idades dos participantes.
Para a segunda quincena e tamén para o mes de agosto aínda poden inscribirse rapaces. Poden inscribirse por semanas e quincenas achegándose ao casa consistorial e formalizando a inscrición.
21.06.19.- Comeza o verán e ábrese o prazo para apuntarse nas actividades de Vilaverán. Xogos e obradoiros que cada ano fan as delicias dos máis pequenos da casa. As follas para apuntarse e as taxas están dispoñibles na casa do concello. As prazas son limitadas.
14.06.18.-Un ano máis ábrese o prazo para apuntarse no Vilaverán. As actividades que se realizarán nos meses de xullo e agosto tanto para a nenos de familias empadroadas como as que se achegan ao noso concello para disfrutar do seu tempo libre. A documentación entregase no concello xunto co xustificante de pago para completar o proceso de matricula.
-PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE E PODES DESCARGAR O DOCUMENTO PARA A INSCRICIÓN:
06.09.17.- As actividades do Vilaverán, feitas en xullo e agosto, foron todo un éxito. Os rapaces disfrutaron de moitas actividades e aprenderon xogando. Hoxe facemos lembranza delas con estas fotos. PREMER SOBRE AS FOTOS PARA PODER VELAS MÁIS GRANDES...
26.06.17.-O Concello de Vilamartín pon en marcha un ano máis o Vilaverán para os máis pequenos da casa. As actividades que se farán entre os meses de xullo e agosto teñen aberto o prazo de inscrición ata o día 7 de xullo. Os interesados teñen que achegarse ata o Concello e cubrir unha solicitude ademais de facer o ingreso da cuota de inscrición.