A chegada das choivas de outono fan pensar de novo nun problema que xera gastos ás arcas municipais e degrada os terreos de viñedos, xerado polo cambio no xeito de traballar as fincas. Coas choivas a terra destas fincas é arrastrada e invade as estradas e camiños públicos tendo que proceder a súa limpeza para evitar accidentes e atascos nas beirarrúas.
17.01.18.- Hoxe na Feira de turismo Fitur en Madrid houbo un acto de promoción do Camiño de Inverno onde estiveron presentes alcaldes da recentemente constituída Asociación de Concellos do Camiño de Santiago. O Concello de Ponferrada decidiu dedicar unha parte do seu stand promocional ao Camiño de Inverno para que todos os visitantes teñan a oportunidade de coñecelo nesta feira internacional de turismo.
19.08.17.-“Non existen palabras para describir os sentimentos que nos xeran estes asesinatos. Non podemos imaxinar a dor profunda que deben estar pasando as familias das vítimas. Dende Vilamartín queremos facer chegar todo o noso apoio a esas familias e a todos feridos que están sufrindo”. Unhas palabras sentidas que se dixeron onte, sen discurso escrito previo, polo tenente de alcalde, Pablo Deramond, diante das persoas que se concentraron en repulsa dos atentados vividos nas poboacións de Barcelona e Cambrils.