consumo

Sete das dezasete fontes públicas do concello non son aptas para o consumo humano

FONTES PÚBLICAS NO CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

         Con data 29  de Maio de 2018  realizou  a Concellería  de Sanidade deste Concello, a recollida de mostras de 17 fontes públicas con obxecto de saber se existía contaminación microbiológica por: Enterococos,   E.Coli  e  Coliformes totais

Sin definir

Instalada a segunda válvula redutora de presión en Vilamartín centro para garantir o abastecemento de auga e controlar o consumo

24.02.18.- Esta semana  instalouse a segunda válvula redutora de presión na parte baixa de Vilamartín pobo para mellorar o sistema de abastecemento nesta parte da vila. Os traballos comezaron no mes de xaneiro coa colocación dunha primeira válvula no depósito de auga que abastece ao centro urbano. Este sistema permite reducir a forza da presión coa que baixa a auga dende o depósito vello á rede de abastecemento. Deste xeito con menos presión rebaixarase o nivel de avarías que se viñan producindo por esta causa nas tubaxes vellas de fibrocemento.

Sin definir

Problemas de abastecemento en Vilamartín pola utilización indebida da auga de consumo humano

15.08.17.- O centro de Vilamartín leva dous días con problemas de abastecemento de auga pola utilización indebida da mesma. Os problemas empezaron na noite do domingo ao luns cando se baleiraron os dous depósitos e os veciños estiveron a mañá do luns sen abastecemento. O mesmo problema volveu pasar na noite do luns ao martes. Despois de comprobar que non hai avarías que causen o desperdicio da auga o grupo de goberno, axudado por moitos veciños, está empezando a vixiar onde se pode gastar indebidamente a auga para consumo humano.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.