varias

Varias rúas do concello cambiarán de nome ou terán un novo

Mapas das tres zonas onde cambiarán ou haberá novos nomes de rúas

08.10.20.- Na sesión plenaria do mes de setembro, un dos puntos da orde do día, foi a adxudicación de nomes a viais que non tiñan ata agora nomenclatura e tamén se propuxeron cambios para outras. As zonas nas que se fixeron as modificacións foron no núcleo urbano de Vilamartín, no pobo de Córgomo e tamén no de Valdegodos. Entre as novas denominacións está a homenaxe a un alcalde da vila fusilado no ano 1936: Augusto Sierra Rodríguez. Esta nova rúa estará na localidade de Valdegodos, un tramo da estrada que conecta esta localidade con Córgomo.

Sin definir

A Deputación colaborará para mellorar varias infraestruturas no Concello

06.07.17.- O financiamento para o arranxo da estrada de San Vicente, a obra de saneamento feita en Surregos, a praza de Cernego e o arranxo das estradas de Correxais e Cernego  foron os temas relacionados con infraestruturas dos que se falaron na entrevista que onte mantivo o alcalde, Rique Barreiro co presidente da Deputación, Manuel Baltar. O rexedor destaca sobre  todo a boa dispoñibilidade e a apertura a colaborar por parte do dirixente desta entidade provincial para mellorar varias infraestruturas de Vilamartín.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.