24.11.20.- Mañá celébrase o Día da eliminación da violencia contra as mulleres . No caso do noso concello non se celebrará a habitual concentración das 12 do mediodía diante do concello pola pandemia da Covid-19. O que si se solicita a todos os veciños que queiran adherirse a este día que garden o seu minuto de silencio.
05.06.20- As instalacións deportivas non son espazos para que as usen os animais de compañía, polo que dende o Concello apelan á responsabilidade cidadá para que non se acceda ao campo de fútbol con cans. Este espazo está habilitado para o seu uso deportivo o que non é compatible coa presenza de animais domésticos, os destrozos que poden ocasionar e os seus excrementos . En todo o municipio existen numerosos espazos onde os animais poden estar libres sen necesidade de que estean nos parques ou espazos de actividade deportiva .
13.04.20.- O Instituto enerxético de Galicia (INEGA) continúa tendo aberto o prazo de presentación das convocatorias para subvencións relacionadas coas enerxías renovables. Unha das axudas son para a proxectos de enerxía solar fotovoltaica e outra para proxectos de enerxía renovables de uso térmico. Os prazos para a presentación de solicitudes están abertos dende comezos do mes de marzo e continuarán ata o 1 de xullo deste ano. Na sede electrónica da Xunta teñen todos os detalles.
13.03.20.- Onte o Concello de Vilamartín decretou a suspensión das actividades grupais en locais municipais para axudar a frear a expansión da enfermidade do coronavirus. As medidas excepcionais que se están levando a cabo nestes días en toda Galicia e no resto de España levan a facer unha chamada á responsabilidade e a calma. Dende esta mañá temos un bando no que se explican as dúas medidas que se adoptan neste concello. Por un lado limitase a atención presencial na propia casa do concello e por outro suspéndense todas as actividades en grupo en locais municipais.
O domingo 22 de febreiro celebrarase o tradicional desfile de Entroido en Vilamartín. O prazo para anotar as comparsas e levar o premio por participar está aberto ata o dia 18 de febreiro.
20.11.19.- Dende hai varios meses a pechadura do Centro Social de San Vicente ven sufrindo varios danos que inhabilitan o uso do local e xeran gastos para o concello e os veciños. O Concelleiro de Benestar e Participación Cidadá, José Luis Álvarez, amósase preocupado e indignado pola mala fe coa que actúa o saboteador ou saboteadores. Dende fai unha semana hai colocados carteis polo pobo e no centro social no que se solicita a persoa ou persoas que fan os danos que deixen de facelo.
19.11.19.-A Concellería de Servizos Sociais do Concello levará a cabo as seguintes actividades para conmemorar o 25 de Novembro, Día contra a Violencia de Xénero.
MAI MAI: 25 de Novembro, 6 da tarde no Centro Sociocultural Sta. Lucía de Vilamartín,
Obra de teatro representada por BAOBAB TEATRO, compañía de teatro infantil de gran recoñecemento e premios a sua traxectoría.
14.11.19.- O Concello de Vilamartín ten en marcha a convocatoria para a selección de personal laboral temporal a fin de cubrir un posto de limpador/a para o servizo de limpeza das dependencias municipais. O sistema de escolla será mediante o de concurso-oposición e a contratación farase ca modalidade de contrato de duración temporal de interinidade.
04.11.19.- As asociacións veciñais deste concello xa poden solicitar a súa subvención. Está aberto o prazo para presentar a petición. Todos aqueles interesados teñen máis información na casa consistorial. As cantidades serán duns 700 euros despois de que se fixera unha modificación dos orzamentos na última sesión plenaria.
NO SEGUINTE ENLACE PODEN VER A DOCUMENTACION QUE PRECISAN PRESENTAR:
28-10.19.- O programa de actividades do Concello do Barco para homenaxear os cincuenta anos do grupo de arqueólogos afeccionados coñecidos como os “ Os Escarvadores”, tivo o pasado sábado unha visita ao Castro de Valencia do Sil no noso concello. A actividade contou cuns 50 participantes que ascenderon ata o xacemento e puideron coñecer de primeira man a historia deste descubrimento e do traballo que está a facer agora o grupo especializado Sputnik Labrego.