non

O concello busca apoio en Medio Rural para que as novas plantacións de viñedo teñan medidas que eviten as escorrentías para non danar os terreos e as estradas

A chegada das choivas de outono fan pensar de novo nun problema que xera gastos ás arcas municipais e degrada os terreos de viñedos, xerado polo cambio no xeito de traballar as fincas. Coas choivas a terra destas fincas é arrastrada e invade as estradas e camiños públicos tendo que proceder a súa limpeza para evitar accidentes e atascos nas beirarrúas.

Sin definir

O Concello apela á responsabilidade cidadá para non meter cans no campo de fútbol

Os cans non poden entrar no Campo de Fútbol

05.06.20- As instalacións deportivas non son espazos para que as usen os animais de compañía, polo que dende o Concello apelan á responsabilidade cidadá para que non se acceda ao campo de fútbol con cans. Este espazo está habilitado para o seu uso deportivo o que non é compatible coa presenza de animais domésticos, os destrozos que poden ocasionar e os seus excrementos . En todo o municipio existen numerosos espazos onde os animais poden estar libres sen necesidade de que estean nos parques ou espazos de actividade deportiva .

Sin definir

A Deputación comunica que as obras do novo acceso a San Vicente non poderán empezar antes do 2021

10.10.19.- A Deputación de Ourense comunica nun escrito que as obras do novo acceso ao pobo de San Vicente non poderán empezar antes do primeiro trimestre do ano 2021. A explicación está na serie de trámites que están en marcha dende este ano e que non rematarán antes desa data. Entre eles están as expropiacións, notificacións, recursos e redacción de proxecto. Toda esta información foi aportada dende o organismo provincial ao grupo provincial socialista que pediu información sobre o estado das expropiacións para a construción do acceso a San Vicente.

Sin definir

Belén Gómez: “Síntome super ben, non teño palabras"

02-12-18.- Hai unha semana, Belén Gómez, estaba facendo realidade unha actividade na que levaba moitos meses traballando rodeada de familia e amigos. A I Carreira das Cidades celebrouse no noso concello, partindo do colexio Manuel Folla Respino en Valdegodos e percorrendo varias localidades. As modalidades de andaina e carreira reuniron a 1.100 persoas superando todas as expectativas iniciais e desbordando a ola de solidariedade para recadar fondos para becas de investigación na loita contra o cancro de Páncreas.

Sin definir

Sete das dezasete fontes públicas do concello non son aptas para o consumo humano

FONTES PÚBLICAS NO CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

         Con data 29  de Maio de 2018  realizou  a Concellería  de Sanidade deste Concello, a recollida de mostras de 17 fontes públicas con obxecto de saber se existía contaminación microbiológica por: Enterococos,   E.Coli  e  Coliformes totais

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.