novo

Novo estado de alarma con restricións de mobilidade nocturna

26.10.20.- No Concello de Vilamartín vimos tendo casos de coronavirus Covid-19 dende hai unhas semanas e en toda Galicia hai limitación de reunión de máximo 5 persoas. Ante esta situación o goberno central decidiu decretar o estado de alarma que entrou en vigor na tarde do domingo, 25 de outubro, despois de ser publicado no Boletín Oficial do Estado. Este será o segundo estado de alarma dende o primeiro que se activou o pasado 14 de marzo para facer fronte á primeira ola do coronavirus Covid-19. Nesta ocasión búscase limitar o contacto social e a mobilidade nocturna.

Sin definir

Varias rúas do concello cambiarán de nome ou terán un novo

Mapas das tres zonas onde cambiarán ou haberá novos nomes de rúas

08.10.20.- Na sesión plenaria do mes de setembro, un dos puntos da orde do día, foi a adxudicación de nomes a viais que non tiñan ata agora nomenclatura e tamén se propuxeron cambios para outras. As zonas nas que se fixeron as modificacións foron no núcleo urbano de Vilamartín, no pobo de Córgomo e tamén no de Valdegodos. Entre as novas denominacións está a homenaxe a un alcalde da vila fusilado no ano 1936: Augusto Sierra Rodríguez. Esta nova rúa estará na localidade de Valdegodos, un tramo da estrada que conecta esta localidade con Córgomo.

Sin definir

A Deputación comunica que as obras do novo acceso a San Vicente non poderán empezar antes do 2021

10.10.19.- A Deputación de Ourense comunica nun escrito que as obras do novo acceso ao pobo de San Vicente non poderán empezar antes do primeiro trimestre do ano 2021. A explicación está na serie de trámites que están en marcha dende este ano e que non rematarán antes desa data. Entre eles están as expropiacións, notificacións, recursos e redacción de proxecto. Toda esta información foi aportada dende o organismo provincial ao grupo provincial socialista que pediu información sobre o estado das expropiacións para a construción do acceso a San Vicente.

Sin definir

Novo teléfono de atención no Albergue de Peregrinos

31.05.19.- O Albergue Municipal de Peregrinos situado na área recreativa do Bañadoiro conta xa con novo número de teléfono para atender aos peregrinos. O teléfono ao que se pode chamar é o 679 846879. Ademais hai un número de teléfono para emerxencias e fora do horario de apertura que é o 689 997 443.

Fotos do exterior e interior do albergue municipal no Bañadoiro:

Sin definir

Novo campo para xogar a petanca

29.04.19.- O Concello habilitou un novo espazo no Bañadoiro para poder xogar á petanca. A semana pasada inagurouse o campo cun primeiro encontro onde participaron xente de Vilamartín, O Barco e A Rúa. Agora está dispoñible para todo aquel que queira disfrutar do xogo da petanca e do entorno do Bañadoiro.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.