primeiro

Faleceu o primeiro tenente de alcalde, José Luís Álvarez Álvarez

José Luís Álvarez, segundo pola dereita da foto,  o día de constitución da corporación municipal no 2019

21.11.20.- O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Sanidade, Asistencia Social e Participación Cidadá, José Luís Álvarez Álvarez, faleceu no día de hoxe. Dende o concello e o grupo de goberno socialista lamentan a perda dunha persoa comprometida co pobo e que quixo dedicar o seu tempo a mellorar a vida dos seus veciños. José Luís Álvarez tomou posesión do seu cargo o 15 de xuño do 2019 exercendo o seu traballo e axudando nas labores diarias do concello.
Dende o concello decretáronse 3 días de loito oficial.

Sin definir

O primeiro positivo por Covid-19 en Valencia do Sil

Desinfeción de viais

Neste mes de agosto temos confirmado o primeiro caso de Covid-19 no verán. Trátase dunha persoa en Valencia do Sil. Solicitamos a máxima precaución e adoptar todas as medidas sanitarias precisas. Por parte do concello xa se fixo unha desinfección desta zona no mesmo día que obtivemos confirmación e tamén comunicamos a todos os veciños a través das redes sociais:

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.