Curso de almorzos enerxéticos en A Portela

O próximo 15 de febreiro unha experta impartirá un curso en A Portela sobre almorzos enerxéticos, petiscos e merendas.

Undefined

Desfile de Folións e III Festa das Sopas de Allo en marcha para o 15 de febreiro

Cartel da III Festa das Sopas de Allo e Desfile de Folións

O fin de semana anterior ao Entroido vaise celebrar en Vilamartín o Desfile de Folións e a III Festa das Sopas de Allo. A data será o sábado 15 de febreiro a partir das 17.30 horas da tarde. A festa comezará co permiso dos folións e a lectura do pregón.

Undefined

¡¡Felices festas a todos os veciños de Vilamartin¡¡

Dende o Concello de Vilamartín deséxalles unhas boas festas e moita felicidade para o novo ano. ¡¡Felices Festas veciños¡¡

Undefined

Unha nova renovación de alumeado público permite un aforro dun 70 por cento na factura municipal

22.12.19.- O Concello de Vilamartín está comprometido coa eficiencia enerxética e o aforro no alumeado público. Os cambios que se están levando a cabo permiten aforrar entre un 60 a 70 por cento na factura da luz municipal. Ademais o aforro tamén se estende á gastos de persoal xa que as novas luces LED teñen maior duración e polo tanto non haberá que facer obras de cambio de bombillas e outras avarías relacionadas.

Undefined

A limpeza de varios cauces de regatos e ríos facilita a xestión das riadas nestes momentos

19.12.19.- As fortes choivas destes días fan que os cauces fluviais estean ao seu máximo de capacidade e con problemas por desbordamentos nalgúns puntos. As limpezas efectuadas en varios regatos e ríos contribuíu a que a situación non fora más perigosa nestes momentos. No verán o Concello de Vilamartín procedeu a facer unha solicitude á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que se procedera a limpeza das marxes destes regatos e ríos, tala das árbores e retirada de lixo por partes das brigadas da Confederación.

Undefined

Aberto o prazo para apuntarse nas actividades do Vilanadal

02.12.19.- Estreamos mes de decembro e un ano máis xa están preparadas as actividades do Campamento urbano do Vilanadal. O Concello abre o prazo de inscrición para que este ano uns 45 nenos poidan gozar de varias actividades que se celebrarán no pavillón municipal. Os obradoiros, inchables e outras sopresas estarán listas para empezar o día 23 de decembro e rematarán o día 3 de xaneiro. Hai posibilidade de apuntarse por días soltos, para unha semana ou para todo o Nadal. 

Undefined

Petición de colaboración para dar cos saboteadores do Centro Social de San Vicente

20.11.19.- Dende hai varios meses a pechadura do Centro Social de San Vicente ven sufrindo varios danos que inhabilitan o uso do local e xeran gastos para o concello e os veciños. O Concelleiro de Benestar e Participación Cidadá, José Luis Álvarez, amósase preocupado e indignado pola mala fe coa que actúa o saboteador ou saboteadores. Dende fai unha semana hai colocados carteis polo pobo e no centro social no que se solicita a persoa ou persoas que fan os danos que deixen de facelo.

Undefined

Actividades para o Día contra a Violencia de Xénero

19.11.19.-A Concellería de Servizos Sociais do Concello levará a cabo as seguintes actividades para conmemorar o 25 de Novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

     MAI  MAI: 25 de Novembro, 6 da tarde no Centro Sociocultural Sta. Lucía de Vilamartín,

Obra de teatro representada por BAOBAB TEATRO, compañía de teatro infantil de gran recoñecemento e premios a sua traxectoría.

Undefined

Conferencia sobre o poeta Florencio Delgado hoxe en Córgomo

15.11.19.-O Proxecto As letras de Florencio ten marcha varias actividades nestes días, entre elas un ciclo de conferencias do que a primeira charla farase hoxe en Córgomo. O Concello de Vilamartín forma parte como socio desta entidade que busca dar visibilidade na comarca á obra de Florencio Delgado Gurriarán e solicitar para el un Día das Letras Galegas. O programa de actividades da comezo hoxe en Córgomo na Adega D'Berna ás 20:30 horas.

Undefined

Convocada unha praza de limpador/a para o servizo municipal

14.11.19.-  O Concello de Vilamartín ten en marcha a convocatoria para a selección de personal laboral temporal a fin de cubrir un posto de limpador/a para o servizo de limpeza das dependencias municipais. O sistema de escolla será mediante o de concurso-oposición e a contratación farase ca modalidade de contrato de duración temporal de interinidade.

Undefined

Páxinas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.